viernes, 22 de octubre de 2010

CARACOL... COL... COL


O campo ten un póla.
A póla ten unha flor.


O campo ten unha nena
con vestidos de amidón.


A póla ten unha folla,
e a folla un caracol.


Xunguido ó seu campo verde
a neniña o albiscou...


¡Bota, caracol, os corniños ó sol!
¡Bótaos, que a túa nai tamen os botou!


Catro antenas alongadas
o caracol estricou...


¡Polo campo da folliña,
un carreiriño brillou!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts with Thumbnails